WhatsApp Image 2019-01-25 at 12.16.34

Alternativa dos Veciños preséntase como garante da legalidade no Concello de Culleredo

Alternativa dos Veciños Culleredo reitera a necesidade de apostar por unha contratación pública transparente fronte á opacidade e irregularidade do actual Goberno.

O pasado mes de xaneiro o noso grupo presentou ante a fiscalía dous escritos denunciando posibles prácticas irregulares do Goberno local na contratación pública. Neles expoñemos probas de que o Goberno leva meses levantando reparos para adxudicar a dedo contratos municipais millonarios. Unha vulneración flagrante da lei.

Desde Alternativa dos Veciños Culleredo seguiremos traballando para que se cumpra a legalidade. Sacaremos a contratación pública con todas as garantías estes contratos que o Goberno municipal está a adxudicar sen garantías e con irregularidades.

Novas relacionadas