SADA_CANIDATURA_WEB_700_400

Alternativa dos Veciños pide o voto para impulsar un cambio de rumbo no Concello de Sada

Esta pasada medianoite comezou a campaña das eleccións municipais. Alternativa dos Veciños preséntase no Concello de Sada co obxectivo de conseguir representación na corporación para garantir a gobernabilidade do municipio en beneficio do interese xeral, sen permitir que os partidismos paralicen o funcionamento da administración local.

Con María Nogareda como candidata, Alternativa aspira a dinamizar a vida social, cultural e deportiva ademais de crear novas zonas verdes e de ocio, entre outras cousas. Un dos grandes retos é impulsar a Área Metropolitana, para acadar aquelas melloras a nivel de infraestruturas e servizos públicos que se atopan nunha situación precaria polo desgoberno e a desidia dos principais partidos políticos, como é o caso dos accesos á cidade.

Novas relacionadas