María Nogareda será a cabeza de lista de Alternativa dos Veciños en Sada

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

María Nogareda será a cabeza de lista de Alternativa dos Veciños en Sada

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]María Nogareda Marzoa foi presentada por Ángel García Seoane, presidente de Alternativa dos Veciños, como candidata no concello de Sada. Nogareda é unha muller sadense, profesora de secundaria, sempre disposta a colaborar e comprometerse con todas aquelas iniciativas sociais.

Docente no IES de Fene, María Nogareda é profesora por vocación. Firme defensora do ensino público e da xuventude como principal capital de futuro da sociedade.

Alternativa dos Veciños preséntase en Sada para rematar definitivamente cos problemas que se veñen arrastrando de épocas pasadas e impulsar este concello. “É necesario dinamizar a vida social, cultural e deportiva; crear zonas verdes e de ocio… Imos traballar arreo e queremos construír. A política ten que estar ao servizo dos cidadáns ”, comentou a candidata.

O Concello de Sada acaba de aprobar un Plan Xeral de Urbanismo que non resposta ás necesidades da cidadanía, que non garante nin o progreso nin a prosperidade para o futuro. “Un Plan ten que posibilitar un crecemento ordeado e sostible co medio ambiente e a creación de novas infraestruturas e equipamentos públicos. É a carta magna que permite a cada persoa saber a cualificación da súa propiedade e onde pode e onde non pode construír. Con este texto elimínase a incertidume e establécese unha legalidade que serve como referencia”, dixo María Nogareda.

“Sada é un dos municipios máis importantes da comarca, que está a pagar a incompetencia e a desidia dos seus gobernantes no pasado. Alternativa dos Veciños preséntase aquí cunha muller comprometida co seu municipio, que ten ideas, formación, que sabe o que quere para o seu concello e que estou seguro que recibirá un apoio masivo nas urnas o próximo 26 de maio”, explicou Ángel García Seoane.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!