CAMBRE_PEGADAweb

Alternativa dos Veciños pide o voto para garantir un crecemento ordenado no Concello de Cambre

Esta pasada medianoite comezou a campaña das eleccións municipais. Alternativa dos Veciños preséntase no Concello de Cambre co obxectivo de contar con representación na corporación para impedir que o Goberno municipal siga practicando políticas de dubidoso sustento legal coas que se antepoñen cuestións persoais aos intereses xerais da cidadanía.

Con Raúl Varela como candidato, Alternativa aspira a dotar a Cambre dun Plan Xeral de urbanismo que poña orde, que garanta a seguridade xurídica e que posibilite un crecemento respectuoso co medio ambiente, impedindo así pelotazosurbanísticos ilegais como o que se pretende realizar no Seixal. Outro dos grandes retos é impulsar a Área Metropolitana, para acadar aquelas melloras a nivel de infraestruturas e servizos públicos que se atopan nunha situación precaria en toda a comarca polo desgoberno e a desidia dos principais partidos políticos, como é o caso da vía Ártabra que debe vertebrar a mobilidade interna do concello e as conexións coa AP-9 e a A-6.

O primeiro acto de campaña está programado para o sábado, ás 12:30 horas na Cervecería Gurma,na rúa A Lagoa.

Novas relacionadas