Raúl Varela será o candidato de Alternativa dos Veciños en Cambre

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Raúl Varela será o candidato de Alternativa dos Veciños en Cambre

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Raúl Varela Fraguío foi presentado por Ángel García Seoane, presidente de Alternativa dos Veciños, como cabeza de lista no concello de Cambre. Varela, que tamén estivo arroupado por varias das persoas que o acompañarán na lista, é un licenciado en Administración e Dirección de Empresas moi activo tamén na vida social, cultural e deportiva de Cambre.

Alternativa dos Veciños preséntase en Cambre para rematar cos partidismos e localismos que impiden o progreso do municipio. Cambre ten serias carencias de zonas verdes e parques públicos; servizos tan básicos como o de abastecemento de auga atópanse en precario pola inexistencia dos depósitos suficientes para garantir a subministración a toda a poboación; e en materia de infraestruturas o alcalde boicotea a conexión da vía Ártabra coa AP-9, que melloraría a mobilidade de milleiros de cidadáns e incrementaría as posibilidades de Cambre porque a determinadas persoas non lles interesa. “Desde Alternativa dos Veciños imos loitar polo progreso de Cambre. Non nos presentamos para poñer obstáculos a ningún Goberno, nin para paralizar o Concello, sempre e cando se actúe pensando no interese xeral”, dixo Raúl Varela.

Un dos asuntos que lastra ao Concello de Cambre é a inexistencia dun Plan Xeral de urbanismo. Non se pode seguir utilizando normas subsidiarias para levar adiante actuacións como as que están previstas no entorno do Temple, nuns terreos que pasaron de rústicos a urbanos para construír edificios de 15 metros de altura. “Cambre necesita un Plan Xeral para acabar coas políticas que están a hipotecar futuros desenvolvementos urbanos. Queremos calidade de vida e non cemento. O medio ambiente ten que prevalecer sobre os edificios”, comentou o candidato de Alternativa dos Veciños.

“Raúl é unha persoa moi preparada, que destaca pola súa honradez e que ten moitas ganas de traballar polo seu concello. Un home xoven, que coñece moi ben o seu municipio… Alternativa dos Veciños vai loitar porque se produza o cambio que necesita Cambre para ter un futuro próspero e cheo de oportunidades”, comentou Ángel García Seoane.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!