PLAN DIRECTOR ALVEDRO

Alternativa Culleredo esixe respostas ás alegacións formuladas ao Plan Director de Alvedro

Alternativa dos Veciños esixe unha resposta ás alegacións realizadas pola veciñanza ante a proposta de revisión do Plan Director de Alvedro por parte do Ministerio de Fomento.

O Grupo Municipal de Alternativa dos Veciños Culleredo leva catro anos loitando por mellorar a transparencia. O Plan Director de Alvedro foi prantexado sen dialogar coas veciñas e veciños. Desde a súa exposición, o noso grupo reuniuse coas persoas afectadas para presentar alegacións conxuntas ante o Ministerio ante a pasividade do Goberno municipal.

Esixiremos unha resposta por parte do Ministerio ás alegacións formuladas polas persoas afectadas pola nova proposta de revisión do Plan Director de Alvedro.

Novas relacionadas