Alternativa dos Veciños Culleredo asesora aos afectados pola revisión do Plan Director de Alvedro
Unha treintena de persoas afectadas acudiron esta tarde á reunión informativa celebrada no local de Alternativa dos Veciños en Culleredo para recibir asesoramento.
Esta tarde o grupo municipal de Alternativa dos Veciños de Culleredo celebrou unha reunión informativa na cal o presidente do partido, Ángel García Seoane, e os tres concelleiros de Alternativa en Culleredo asesoraron a unhas trinta persoas afectadas pola revisión do Plan Director de Alvedro. Durante a reunión, aclaráronse as zonas máis afectadas, os prazos para presentar alegacións, a aplicación da normativa e as demandas veciñais. Tamén se proxectaron imaxes cos planos do novo informe de sustentabilidade ambiental do Plan Director para resolver dúbidas.
Hai que lembrar que en Oleiros estanse a redactar alegacións e que o prazo para presentalas remata o 15 de agosto. Desde Alternativa dos Veciños de Culleredo agradecemos a asistencia de todas as persoas e lembramos que seguirenos traballando ao servizo da veciñanza para loitar polos seus dereitos.