Alternativa dos Veciños de Sada reúnese co tecido asociativo do municipio

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños de Sada tómalle o pulso ao movemento asociativo do municipio

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Unha nutrida representación da candidatura de Alternativa dos Veciños de Sada, encabezada pola candidata á alcaldía María Nogareda, está percorrendo estes días as parroquias para reunirse cos clubs deportivos e asociacións do concello sadense.

A finalidade é definirmos un borrador de traballo que sirva como punto de partida para afrontar posibles melloras destas entidades veciñais, así como da súa contorna máis próxima. Xa se mantiveron encontros coa Asociación de Veciños Armental de Carnoedo, coa Asociación de Veciños A Gavoteira de Veigue e coa Escola de Vela. Entidades voluntariosas que se esforzan día a día en mellorar a vida dos seus veciños e veciñas ofrecéndolles diversas actividades e actos festivos.

Ausencia de marquesiñas nas paradas do bus, deficiencias no abastecemento de auga ou sobrecarga de funcións son algúns dos principais problemas que están a detectarse nas reunións.

Nos próximos días a candidata María Nogareda, xunto a varios membros da formación, visitarán a Asociación de Veciños de Soñeiro, o Carnoedo CF, Sada Patín e o Club de Atletismo de Sada. Nogareda considera fundamental ter este tipo de contactos para saber de primeira man o estado de saúde do movemento asociativo.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!