Alternativa dos Veciños lembra a necesidade de políticas de Educación eficaces

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alicia Ferreiro: “Claro que politizamos a Educación. Facer política é xestionar eficazmente a vida da veciñanza”

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Alternativa dos Veciños lamenta as declaracións do PSOE de Culleredo acusando ao grupo de “politizar os problemas das infraestruturas educativas” en Culleredo.

Como xa manifestamos a semana pasada, Alternativa dos Veciños de Culleredo vai seguir demandando á Xunta de Galicia o mantemento das aulas de EI no CEIP Isaac Díaz Pardo, tal e como fixemos no Pleno municipal. O que estraña desta situación é que o Goberno municipal invirta os seus esforzos en desprestixiar a loita do noso grupo en lugar de esixir conxuntamente prazos e medidas concretas á Administración autonómica. “O alcalde Rioboo acúsanos de ‘facer política’ coa Educación en Culleredo. Claro que facemos política! Para iso estamos. Merecemos un alcalde que comprenda que a política significa xestionar con eficacia para mellorar a vida da veciñanza, non cobrar dedicacións exclusivas só por ir sacar fotos ás manifestacións para colgar no Facebook”, sentencia a voceira e candidata á alcaldía de Culleredo por Alternativa dos Veciños, Alicia Ferreiro.

Ante as acusacións do Goberno de que a política de Alternativa se xestiona “desde Oleiros”, a voceira respostou que “xa nos gustaría non ter os problemas de prazas que temos en Culleredo. Ou un alcalde que, como en Oleiros, se preocupase de esixir á Xunta que cumpra co seu deber ante as veciñas e veciños do municipio, asegura Ferreiro.

Desde Alternativa dos Veciños reiteramos a insuficiencia das medidas que o Goberno municipal, a través da Concellería de Educación, está a tomar para solucionar os múltiples problemas que a Educación Pública está a atravesar nos últimos tempos en Culleredo: escaseza de prazas, masificación de centros como o IES Blanco Amor ou deficiencias na calidade alimenticia dalgún comedor xestionado pola Xunta de Galicia.

Reiteramos o noso apoio ás ANPAS e desde o noso grupo traballaremos para que se solucionen os problemas en materia educativa, esixíndolle á Xunta que cumpra coa lei. A Educación pública de calidade é un dereito, non un privilexio.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!