[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa dos Veciños denuncia a situación caótica da Educación Pública en Culleredo
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Alternativa dos Veciños apoia as demandas da veciñanza para manter abertas as aulas do CEIP Isaac Díaz Pardo e cualifica a acción do Goberno municipal de Culleredo de inexistente.
A Xunta de Galicia anunciou recentemente a idea de reducir as aulas de EI no CEIP Isaac Díaz Pardo, deixando fóra a familias que, en tempo e forma, fixeran a súa solicitude de praza. Ante esta situación, o noso grupo amosa o seu apoio á ANPA. No pleno deste xoves apoiamos unha moción para esixirlle á Xunta de Galicia que manteña esas aulas.
Así mesmo, desde Alternativa dos Veciños consideramos insuficientes as medidas que o Goberno municipal, a través da Concellería de Educación, está a tomar para solucionar os múltiples problemas que a Educación Pública está a atravesar nos últimos tempos en Culleredo: escaseza de prazas, masificación de centros como o IES Blanco Amor ou deficiencias na calidade alimenticia dalgún comedor xestionado pola Xunta de Galicia.
A veciñanza, xunto coas ANPAS, leva tempo protestando e mobilizándose por estes e outros problemas relacionados coa educación no municipio.
Desde Alternativa levamos toda a lexislatura apoiando as demandas das ANPAS e pedindo ao Goberno municipal que tome as medidas ao seu alcance nesta materia. Consideramos que Culleredo merece un alcalde e unha concelleira de Educación que traballen para que estas familias non teñan que saír á rúa para protestar cada dous por tres por unha calidade na educación á que teñen dereito e deberían ter asegurada.
No pleno do xoves apoiamos a moción esixindo o mantemento da aula no Díaz Pardo, pero tamén pedimos ao Goberno municipal de Culleredo que nos aclare os medios polos que se vai esixir o mantemento desa aula, así como o prazo dado pola Consellería. Consideramos que as actividades feitas ata o de agora pola concelleira de Educación foron, a todas luces, insuficientes. O alcalde non pode seguir deixando correr o tempo co único interese de posar para a foto nas manifestacións.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]