[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa dos Veciños alerta ante os perigos dos VTC para a economía local
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Despois de manter varias reunións con representantes dos taxistas, Alternativa dos Veciños fai causa contra a competencia desleal que sofren na cidade por parte das empresas de aluguer de vehículos con condutor (VTC). Polo momento estamos a falar dunhas decenas de coches pero o intrusismo aumenta de xeito descontrolado.
Sobre o número de licencias e o horario de precontratación deberá lexislar a Xunta, que non parece ter présa, porén o Concello podería intervir noutros aspectos anticipándose a un conflito que vai a máis, simplemente vixiando, como fixeron en Bilbao, para que se cumpra a lei: evitando a captación de clientes mediante circulación pola vía pública e a recollida preto das paradas de taxis ou en puntos de concentración de demanda (aeroporto, estación, estadio, locais nocturnos…). A Policía Local habería de recibir cursos de formación en materia de transporte de viaxeiros e controlar o rexistro de servizos das devanditas empresas.
Os coches de plataformas como Cabify ofertan servizos formalmente máis atractivos: choferes uniformados, subministración de bebida ou coñecemento previo de tarifa, pero o cliente corre o risco de subir a un vehículo sen axeitada identificación ou cun seguro de baixo custo e pouca cobertura. Alegan estas empresas que crean emprego, pero de feito o que se produce é un transvase de traballadores e traballadoras do taxi a elas. Por outra banda, como advirte Pedro Armas: “Son multinacionais que apenas cotizan aquí; os cartos van para fóra”.
Certo é que o gremio do taxi debe modernizarse, non só en canto ás condicións dos vehículos. Poderíase implantar o cobro con terminal de punto de venta (T.P.V.) obrigatorio en toda a flota ou instalar unha aplicación para consultar o prezo previamente. Pero, tamén é certo que aos taxistas se lles esixen unhas condicións que non se esixen aos VTC: licencias máis caras, seguros máis caros, exames periódicos… Desde o Concello poderíanse mellorar as súas condicións de traballo de modo indirecto: reacondicionando paradas pouco visibles ou pequenas (Praza de España, Hospital Militar, Divina Pastora), programando paradas alternativas cando se pechan rúas por eventos ou deseñando mellor o carril bici para facilitar a recollida de clientes. Como conclúe Pedro Armas: “O taxi é transporte público o VTC é puro negocio”.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]