[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa demanda unha maior defensa do sector do taxi contra o intrusismo
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]O pequeno comercio é o comercio tradicional da Coruña como o taxi é o transporte tradicional da cidade. Ambos necesitan modernización pero tamén protección. Apostar por multinacionais, que apenas cotizan e deixan beneficios no país, é renunciar a protexer o noso.
As novas tecnoloxías e as supostas vantaxes dunha liberalización de servicios permiten unha competencia desleal que favorece ás empresas de aluguer de vehículos sen condutor (VTC). Aínda non están nidias as competencias nesta materia, pero van pasar do Estado á Autonomía e da Autonomía ao Concello, polo que este debería anticiparse a unha problemática que non só atinxe ao eido laboral senón á convivencia urbana. O Concello non decidirá a proporción de licencias pero si terá que resolver sobre días de circulación, percorridos máximos, horarios e outros asuntos. A guerra do taxi contra empresas como Uber ou Cabify centrouse no tempo de precontratación, que lle corresponde lexislar á Xunta, pero hai outros aspectos nos que o Concello terá que intervir.
Certo que na cidade falamos polo momento dunhas decenas de VTC, pero aumentan de forma exponencial. Estas empresas non poden circular polas vías públicas captando clientes ou esperándoos ao lado dunha parada de taxi, no aeroporto, na estación ou debaixo dunha ponte. Teñen que facelo dende a súa base a partir da súa plataforma de información, dende a que tampouco poden informar aos clientes da xeolocalización dos vehículos mediante aplicacións de dubidosa legalidade. Alternativa propón que, dende o Concello e a través da Policía Local, se aumenten os controis para frear o intrusismo no gremio do taxi. Haberá que impartir cursos periódicos aos axentes para telos ao corrente dunha lexislación en continua actualización. Para evitar a competencia desleal, haberá que reforzar o control dos VTC sobre todo en puntos concretos da cidade, en momentos de maior demanda no aeroporto e durante as horas de ocio nocturno os fins de semana.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]