A Xunta rexeita crear un paso de peóns no Couto

cout

A Xunta rexeita crear un paso de peóns no Couto

Desatendendo as peticións realizadas tanto polos veciños e veciñas de Dorneda como polo Concello, a conselleira de Infraestruturas remitiulle un escrito ao alcalde de Oleiros dicíndolle que a Xunta de Galicia non vai crear un paso de peóns no Couto. Ante esta negativa, o Goberno municipal iniciará unha campaña para denunciar graves deficiencias na seguridade viaria que presentan de diversas estradas autonómicas en Oleiros.

“A estrada do Couto é da Xunta de Galicia e, por tanto, a única responsable de que non haxa un paso de peóns alí é a conselleira. Que quede claro, porque algún medio de comunicación pretende facer crer que é un tema do Concello cando non é verdade”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.

Novas relacionadas