Xunta de Galicia: en Oleiros non hai billetes

Protesta Bus Urbano - 016 (1) (1)

O PP defende antes o lucro dunha empresa privada que o dereito da cidadanía a un transporte público de calidade. A conselleira Ethel Vázquez está facendo de cobradora do FRAC de Cal Pita, impedindo a posta en marcha do servizo de transporte público urbano da Coruña ata Santa Cristina.

Señoras e señores do PP: abandonen esa política miserable e autoricen o bus 1-A a Santa Cristina. Permitan que o 1 de xuño circule o autobús. Que sexa despois a xustiza a que decida se realmente o Concello de Oleiros ten que pagar 49.000 a unha empresa privada sen xustificación. En Oleiros non hai billetes!

Novas relacionadas