Xenocidio en Cuba

O presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, está a perpetrar un xenocidio contra o pobo cubano.

O total bloqueo comercial e económico decretado polos Estados Unidos para intentar derrotar a un Goberno que non lle é afín, vai condenar á miseria e matar de fame e enfermidades a millóns de persoas. O mesmo que fixeron con bombas en Gaza o están facendo agora en Cuba, pero sen armas.

A comunidade internacional, os gobernos democráticos, a ONU… calan e se someten ante o que dicta o monstro que ocupa a Casa Blanca que vai camiño de destruír a humanidade. Este caso é ademais especialmente doloroso para Galicia, pois o pobo cubano non é só un pobo amigo, senón que é un pobo irmán polo que a sangue galega corre polas venas de milleiros de cidadáns, descendentes de emigrantes.

O xenocidio que se está a cometer en Cuba neste momento obríganos a todas as persoas solidarias e humanas a alzar as nosas voces e denunciar tan insoportable situación. Porque xa non se trata de apoiar á revolución nin ao socialismo, trátase de defender o lexítimo dereito á soberanía, a poder desenvolverse e a vivir en paz.

Desde Oleiros seguiremos tendendo a nosa humilde e solidaria man para cooperar, como sempre fixemos, para romper bloqueos e apoiar aos que sofren o terrorismo económico do imperialismo.

Comparte esta nova!