Volve o Ciclo “Músicas Íntimas. Concertos na piscina” a Carral
A Concellería de Cultura do Concello de Carral, coa colaboración da Rede Cultural da Deputación de A Coruña, organizou para esta semana dúas noites de películas.
Hoxe, martes 1, de setembro poderemos desfrutar da película “Bohemian Rhapsody” e o mércores 2 de setembro de ”Quien a hierro mata”. Ambas presentacións levaranse a cabo no Campo da Feira ao aire libre ás 22.00 horas.
Lembramos que é obrigatorio o uso de máscara e manter a distancia de seguridade en todo momento. Se chove proxectarase na carpa situada no colexio Vicente Otero Valcárcel.