cortinan_vixoi_bergondo_alegacion_desestimacion

A obra de mellora da seguridade viaria en Vixoi continúa en pé

O Concello de Bergondo segue avanzando no proxecto de ampliación e creación de beirarrúas na estrada que une Vixoi e Cortiñán. Os veciños teñen de prazo ata o 29 de marzo para comunicar dúbidas ou inquietudes particulares sobre esta obra, dentro dos parámetros xerais do proxecto e referídonse a cuestións abordables e subsanables en obra.

Con esta actuación, demandada desde hai anos pola maioría de veciños e veciñas, vaise incrementar o ancho desta estrada en 1,5 metros. Tamén se vai a construír unha senda peonil, as redes de abastecemento de auga e de saneamento e vai dotarse á zona de alumeado público.

Novas relacionadas