a1

As vivendas que vertían fecais á Ría de Barrañán conéctanse á rede de saneamento

A raíz das denuncias realizadas por Alternativa dos Veciños de Arteixo polas verteduras de augas residuais na Ría de Barrañán, Augas de Galicia ordenou ao Concello que se procedera á conexión coa rede de sumidoiros das vivendas que vertían á ría. Ditas obras de conexión das vivendas da rúa Pedra da Area á rede de saneamento municipal xa está en marcha.

Atendendo as múltiples denuncias recibidas por parte de veciños e veciñas da zona de Barrañán e de Chamín, a principios do mes de abril Alternativa contratou unha análise microbiolóxica para comunicar a Augas de Galicia a existencia dunha vertedura de augas residuais na Ría de Barrañán. Un informe analítico que confirmou a presenza de Enterococos, Coliformes fecales e Escherichia coli.

Novas relacionadas