Ángel García Seoane recibe a visita do activista indixenista Damián Vail Alonzo

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Ángel García Seoane recibe a visita do activista indixenista guatemalteco Damián Vail Alonzo

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, e a concelleira de cooperación internacional, Marga Figueroa Vázquez, recibiron esta mañá na Casa do Concello o activista Damián Vail Alonzo que leva loitando máis de 20 anos polos dereitos das persoas indíxenas en Guatemala, no municipio de Cajolá. Vail leva impulsado numerosos proxectos, da man de entidades como Arquitectos sen fronteiras, dirixidos á creación de centros de ensino e vivendas, que se compaxinan con plans de hixiene e proxectos educativos.

O motivo da visita de Damián Vail Alonzo ao Concello de Oleiros foi principalmente o de recibir asesoramento por parte de Ángel García Soeane, xa que vai presentarse ás eleccións municipais que se van realizar en Guatemala o vindeiro 16 de xuño. Vail Alonzo vai presentarse aos comicios co partido Winaq, o movemento político creado por Rigoberta Menchú. O principal obxectivo do candidato guatemalteco para o seu concello é conseguir escolas e fomentar a educación entre a xuventude, para rematar coas prácticas corruptas que tanto dano fan á sociedade.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!