[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
A Vía Ártabra é necesaria para o desenvolvemento de Cambre
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
O goberno de Cambre continúa a antepoñer os intereses particulares dalgúns dos seus membros do Goberno que lles afectaba directamente o desenrolo das obras da Vía Ártabra ao seu paso polo municipio.
Unha vez máis o Concelleiro responsable de urbanismo, creador no seu día da Asociación que hoxe presenta a moción en contra desta actuación, e está a utilizar á mesma para intentar demorar as obras.
O voto de alternativa foi en contra da moción, xa que este víal é clave para conectar Cambre con infraestruturas de interese comarcal e eliminar tráfico de Costa da Tapia e Seixal. Non se pode demorar máis o desenvolvemento da mobilidade do Concello.
Lle recomendamos ao Goberno Municipal que se preocupe pola grave contaminación que ten a citada zona húmida, competencia propia do Concello, polas augas residuais do polígono industrial e edificios limítrofes do espazo e que teñen contaminado ó mesmo.
Dende Alternativa gustaríanos que as enerxías que gastan neste tema as poñan en traballar para a veciñanza de Cambre, para protexer o seu patrimonio ao completo, deixar de cementar o concello, sacar xa un Plan Xeral e un largo etcétera de cousas abandonadas e esquecidas.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]