Vertedoiro na parte de atrás da base de Protección Civil de Cambre
Alternativa dos Veciños da voz ás queixas veciñais sobre o vertedoiro situado no terreo municipal situado na parte de atrás da base de Protección Civil, ao carón do Instituto David Buján e o Polideportivo dos Campóns.
Alternativa dos Veciños de Cambre puido indagar que o terreo esta a ser empregado, polo que parece, como un deposito de vehículos abandonados e materiais de obra do Concello, sen que, en aparencia, cumpra ningunha medida de seguridade ambiental ou para as persoas. O aspecto de degradación que presenta a zona súmanse os actos vandálicos que alí se producen, posto que o acceso é accesible a calquera persoa, xa que está aberto totalmente.
Alternativa salienta a posible perigosidade ante posibles verteduras de aceites e líquidos dos vehículos tendo en conta a proximidade tanto de zoas verdes como do rio Mero (A uns 100 metros).
Alternativa levara a pleno a situación e esixirá coñecer as medidas a tomar polo Concello de Cambre.