act

Verán cheo de actividades culturais e deportivas

O Concello de Carral publica un verán con máis de 40 actividades culturais e deportivas para todas as idades.

Levaranse a cabo nos meses de xuño, xullo e agosto. O programa arrancou a semana pasada coas actividades do ciclo “Elas Son Artistas” e contará tamén coas actividades de conciliación ao longo de toda a época estival, estes campamentos urbanos realizaranse en tres quendas con diversa temática cultural e deportiva.

Todas as actividades realizaranse tendo en conta as medidas fixadas polos organismos sanitarios en cada momento.

Novas relacionadas