Ven bañarte a Santa Cruz!

As augas da praia e porto de Santa Cruz, obxecto dunha campaña da oposición, son aptas para o baño como demostran análises precisas e independentes

Bañarse na praia ou no porto de Santa Cruz é totalmente fiable. Así o demostran as analíticas da auga encargadas polo Concello ante a campaña difamatoria do PP —á que se sumaron Bloque e PSOE— que empregaron os datos impropios que a Xunta utiliza para denigrar ao Concello, cando a propia Xunta fixo en 2018 unha gran obra de saneamento.

O que non din é que eses datos proceden de medir a calidade da auga nas proximidades das zonas nas que viven os parrulos do río —onde non se baña ninguén—, e que pola súa propia actividade vital crean de natural un aumento dos restos biolóxicos na auga. De aí nace o fake que utilizan o PP, o PSOE e o Bloque de Oleiros.

Ante a recorrente campaña de descrédito a Santa Cruz, o goberno da Alternativa dos Veciños encargou un estudo a unha empresa especializada. este foi realizado nas zonas de baño que utilizan habitualmente as persoas que acoden a bañarse na prácida ensenada: a praia na zona do Porto Cobo e a zona do porto, onde se crean uns espazos moi agradables para o baño a medida que sube a marea na zona do característico dique descendente.

As dúas zonas ofrecen resultados estupendos. No Porto Cobo detectáronse 35 unidades de enetrococos, que non deben superar as 185; e 4 unidades de escherichina coli, que non deben superar as 500. Na zona portuaria rexistráronse 8 unidades das primeiras e 3 das segundas, moi lonxe dos límites aceptables. Estas analíticas repetiránse cada 15 días.

Estes magníficos resultados sobre a saúde das augas de baño de Santa Cruz é un sopapo en toda a boca dos falabaratos do PP, o PSOE e o Bloque, que andan enredando, como cada ano, co estado desfavorable das augas, criticando de paso o sistema de saneamento municipal.

Un sistema que mereceu en 2018 unha gran obra da Xunta, precisamente en Santa Cruz, que foi a construción dun gran tanque de tormentas que costou 3,2 millóns de euros e foi acometido tras anos de reclamacións municipais.

Comparte esta nova!