Concentración 1 700x400

Os veciños e veciñas de Carral protestan polo pediatra

Carral maniféstase pola carencia do pediatra no concello durante o verán, co agravante da inexistencia do transporte público a Cambre.

Alternativa dos Veciños de Carral agradece a resposta por parte dos veciños e veciñas para reivindicarse polos dereitos dos nenos e nenas de Carral, que volven a quedar sen pediatra durante o verán. Así coma os distintos grupos políticos que se uniron na protesta, excepto o Partido Popular e o grupo Mixto.

Despois de quedar sen pediatra a principios de ano, agora a Xunta de Galicia decidiu que os nenos e nenas en Carral non poden enfermar durante o mes de agosto. Cansos xa de que nos enganen co servizo de pediatría o Equipo de Goberno decidiu loitar por estes dereitos básicos e fundamentais.

Novas relacionadas