Oleiros cooperará coa área metropolitana de València cando esa colaboración sexa útil e operativamente posible, polo que o concello permanecerá atento aos acontecementos.
Cando pasen uns días e as necesidades reais se concreten, o municipio realizará todo o esforzo que lle sexa posible para axudar a paliar as consecuencias da traxedia.
Neste momento, tal como relatou o concelleiro Pablo Cibeira, as prioridades consisten en recuperar persoas desaparecidas, limpar rúas, achicar auga estancada, restituir redes de auga, alcantarillado e infraestruturas viarias danadas pola DINA.
Unha vez que se estableza unha certa normalidade será o intre de participar, posiblemente a través de acordos con algún concello afectado para suplir algunha carencia concreta.
As persoas que o desexen, poden utilizar a Conta Solidaria permanente do Concello de Oleiros para aportar a súa colaboración coas persoas afectadas pola catástrofe, que será empregada para incrementar o importe da cooperación municipal.
O concelleiro falou tamén do indignante que resulta a ola de desinformación que enche as redes de mensaxes fascistas que buscan provocar a desafección coa política a través de mensaxes que se difunden ante amplas audiencias: “Non nos deixemos enfangar; a indignación é xeral, pero sen políticos non hai democracia; sen políticos, o que hai é fascismo”.