O grupo municipal Alternativa dos Veciños (A.V.) denuncia a parálise inxustificada do Goberno Municipal
de Cangas ao non requirir á UTE Gestión Cangas a corrección inmediata de graves deficiencias na rede de
saneamento, cuxa existencia foi recoñecida pola propia UTE nun informe oficial asinado o 27 de novembro
de 2024 e que se inclúe nun expediente do concello con data 24 de xaneiro do 2025.
A pesar de que a UTE realizou e proxectou melloras na rede de saneamento do Hío/Aldán nos últimos anos
(Proxectos de Mellora de Saneamento de 2019/2020), cuxo obxectivo era garantir a estanquidade da rede
e eliminar verteduras, o informe de novembro de 2024 demostra que as obras foron defectuosas e que os
problemas persisten.
A UTE confirma o incumprimento das garantías
Alternativa dos Veciños salienta que a UTE, como concesionaria do servizo, confirma no seu propio informe:
- Colapso de bombeos por filtracións (O Hío): nas Estacións de Bombeo de Augas Residuais (EBAR) de
Pinténs (2024/Pin/07) e TRANSFORMADOR (2024/Pin/08), os desbordamentos frecuentes (vertidos)
débense á “incapacidade hidráulica que sofre o sistema cando chove caudalosamente, xa que estas augas
pluviais infíltranse no sistema de saneamento”. Isto ocorre a pesar de que os proxectos recentes buscaban
“eliminar a entrada de augas de escorrentía e de infiltración” e prevían a substitución de elementos
defectuosos por pozo prefabricados para garantir a estanquidade total (como na EBAR Vilanova). - Rede separativa fracasada: a UTE recoñece que en Vilariño (2024/Vriño/08), as “pluviais canalizadas ao
saneamento”, un problema estrutural que os proxectos de mellora (como a “NOVA REDE SEPARATIVA NA
EP-1104″ e a EP-1004) tiñan por obxectivo corrixir. - Verteduras activas: na EBAR de Vilanova (2024/Vnova/01), a UTE sinala a “evidencia de que xa se dá un
alivio” e están “pendentes de permiso de vertedura de Augas de Galicia para proceder coa renovación da
EBAR”.
Inacción Municipal: Incumprimento do Deber de Vixilancia
Desde o 21 de xaneiro de 2025, o Goberno Municipal non realizou ningunha xestión visible para esixir á UTE
que corrixa estes defectos de execución que confirman o incumprimento dos obxectivos das obras
realizadas baixo garantía.
O Concello, como promotor da actuación, está obrigado a velar pola correcta execución e a aplicar as
garantías das obras, cuxo propósito era mellorar o saneamento municipal.
Alternativa dos Veciños esixe: - Acción inmediata: que o Concello requira de forma urxente á UTE a reparación ao ser cargo (Cláusula
11) de todos os puntos de infiltración e vertido (Pinténs, Vilanova, Vilariño) que persisten malia as obras
executadas nos últimos anos e que se atopan en período de garantía. - Auditoría de execución: que se contrate un organismo técnico externo para auditar a calidade da
execución das obras recentes na Ría de Aldán/O Hío. - Responsabilidade patrimonial: que se inicie o expediente para dirimir as responsabilidades e posibles
sancións á concesionaria por deficiente conservación da rede.
Alternativa dos Veciños tomará todas as medidas administrativas necesarias para garantir o saneamento da
Ría de Aldán e evitar que a cidadanía de Cangas pague por obras que non cumpriron o seu propósito.