Uns imprevistos retrasan unhas semanas a senda Nós-Iñás

Lamentablemente, a obra non se pode recibir sen rematar, o que repercute no estado do mantemento

O paseo ciclopeonil entre Nós e Iñás aínda non está rematado, aínda que a afluencia de persoas que o utilizan é cada vez maior.

A razón pola que aínda non se deu inaugurado este auténtico parque lineal que sigue o rego de San Pedro é que resulta necesario rematar antes unha actuación en Arenaza para evitar inundacións en varias vivendas, que non se debería demorar moito máis alá deste mes de xuño.

En palabras do alcalde, Ángel García Seoane, o novo itinerario ciclopeonil “está quedando de locura pero mentres a obra non finalice na súa totalidade o paseo non está aberto e, polo tanto, non se realiza o mantemento de zonas verdes, papeleiras, etc…”, un detalle que deben coñecer as persoas que o utilizan.

Comparte esta nova!