A nefasta xestión dos gobernos de Cambre fixo perder ao concello máis de 10 millóns de euros en obra pública financiada pola Deputación a través dos Plans Provinciais.
A maior parte dos proxectos presentados ano tras ano polo goberno de Unión pro Cambre incumprían as bases para acceder á financiación e a pesares de seren advertidos polos técnicos provinciais non chegaban a modificarse ou facíano con gran retraso, chegando incluso a incluir obras en lugares que non constan no inventario municipal.
Aqueles outros proxectos que estaban aprobados atópanse paralizados a día de hoxe, como é o caso do auditorio baixo a biblioteca, o parque Ramón Barba ou diversas obras na zona do Graxal.
Unión por Cambre, despois de escapar dúas veces da alcaldía deixándolla ao PP continúa a paralizar o progreso do municipio.