UxC e PSOE votaron a favor da retirada da orde do día do asunto, alegando que faltaban informes e que hai outras vías para axilizar o pago dos case 3 millóns de euros que o Concello de Cambre adeuda con Edar Bens dende o ano 2019.
O goberno municipal propoñía a través desta modificación de ordenanza dar un paso para frear a acumulación da débeda e poder asinar un novo convenio de colaboración para regularizar a situación. Para, unha vez regulada a situación, poder actuar e resolver o xeito de liquidar a débeda actual.
Tal como expuxo a interventora municipal durante a sesión plenaria, se tratan de dúas cousas diferentes, por unha banda regularizar a relación con Edar Bens, que se podería iniciar con esta modificación de ordenanza, e por outra pagar a débeda pendente.
Alternativa critica absolutamente a actuación do bipartito que conformaban o anterior goberno “se tiñan outras vías para axilizar esta situación, porque non as tomaron durante o seu goberno conxunto.”