[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text][/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Xa son 3 sentenzas xudiciais en 6 meses que anulan as licenzas concedidas polo Concello de Arteixo para a instalación de gasolineiras no municipio. A última afecta á gasolineira construída na Maceira, que Alternativa dos Veciños levaba denunciando desde que tivo coñecemento da súa existencia.
As 3 gasolineiras ilegais foron levadas aos tribunais pola Asociación Provincial de Estacións de Servizo. Nesta última sentenza, na da Maceira, a xustiza decreta o cesamento da actividade e a reposición da legalidade. A construción estivo promovida por un coñecido construtor de Arteixo e despois foi vendida a unha empresa kuwaití.
Esta resolución xudicial volve poñer de manifesto o que Alternativa dos Veciños denuncia constantemente, que non paran de cometerse ilegalidades en Arteixo e que certos construtores teñen manga ancha no Concello.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column][vc_column_text]
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]