Unha nova forma de matar sen balas

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Unha nova forma de matar sen balas

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]A desgraciada situación que estamos a padecer provocada polo coronavirus non é froito da mala sorte nin do azar. Este virus foi creado en laboratorios para destruír a economía do mundo, dominar países e gobernos e incrementar o poder e a riqueza dos dominadores do planeta.

“A través deste virus, están atacando as bolsas, aumentando o control sobre o gas e o petróleo, dobregando sen compaixón a decenas de gobernos e países que están calados, que non se atreven a falar… É dicir, fanse donos da economía mundial sen disparar un só tiro”, dixo o presidente de Alternativa dos Veciños Ángel García Seane.

Detrás da creación do coronavirus están os mesmos que nas últimas décadas do século pasado promoveron as ditaduras máis sanguinarias en América Latina: Chile, Perú, Arxentina, Bolivia, Ecuador, Salvador, Guatemala, Colombia, Nicaragua…. para facerse coas materias primas destes países (cobre, petróleo, gas, minerais) e explotar con empresas afíns a produción de alimentos, a pesca, a gandaría,…

Son os mesmos que fomentan, controlan e explotan a maior parte do narcotráfico que pulula polo planeta, para despois financiar o terrorismo e os golpes de estado.

Son os mesmos que crearon e financiaron a Bin Ladem para combater a Rusia, nunha guerra que durou 10 anos, para facerse co corredor de Afganistán e controlar os oleodutos que transportarían o gas e o petróleo dos países da ex-Unión Soviética (Azerbayán e outros). Despois volveron utilizar a Bin Ladem para satanizalo e entrar a saco en calquera país do mundo coa desculpa de perseguir a terroristas.

Son os mesmos que fomentaron as primaveras árabes, para dobregar a aqueles gobernos que non claudicaban aos seus intereses provocando cruentas guerras civís: Yemen, Sudam, Congo, Chad, Irak, Libia ou Siria.

Son os mesmos que lideran a venda de armas no mundo e que promoven as confrontacións.

Son os mesmos que protexen ditaduras afíns: Exipto, Nixeria, Alxeria, Arabia Saudí.

Son os mesmos que utilizaron o gas mostaza, o napalm, o gas sarín, o axente laranxa; terroríficas armas biolóxicas, creadas en laboratorios para a eliminación masiva de exércitos e poboacións.

Son os mesmos que sementaron en África o sida e o ébola. Son os creadores do Sars e os que levaron o virus Zika a Latinoamérica, para controlar os mercados do ouro, diamantes e coltán.

Son os mesmos que cando crean un virus, achácanlle a súa transmisión aos animais: gripe aviar, vacas tolas, peste porcina, sida, coronavirus,…

“Os que nos atrevemos a opinar e expresar o noso pensamento sobre tan odiosos sucesos téñenos por difamadores, tolos, comunistas, terroristas e outra serie de lindezas. Aínda así, prefiro militar neste bando e seguir denunciando esta barbarie”, declarou Ángel García Seoane.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!