Unha nova en prensa sen contrastar desencadea un pleno extraordinario

5000 euros das arcas municipais para que BNG, PSOE e UxC, antigos socios de goberno, realicen un encerro político ao PP e dispoñan dun foro para volver a repetir uns argumentos máis que manidos dun proxecto que, a día de hoxe, aínda se está realizando.

Un oportunista pleno extraordinario solicitado por BNG, PSOE e UXC por unha nova na prensa que anunciaba un suposto pacto entre o PP e Alternativa dos Veciños para non presentar alegacións contra a Vía Ártabra. Un debate para determinar o posicionamento ante o novo proxecto, o cal aínda está en proceso de redacción.

Alternativa considera que non era necesario un pleno extraordinario o que podería ser unha moción, co aforro que esto suporía ás arcas municipais. Sobre todo, tendo en conta que se basexa nunha noticia sobre un proxecto que aínda non é público nin ten destinado orzamento, e dun suposto acordo desmentido por ambas partes implicadas.

O posicionamento da formación é claro “Nós non quereremos peaxes e consideramos imprescindible neste proxecto a conexión coa A6. Pero as cousas hai que pelexalas cando chegue o momento. Agora é preciso esperar que esta fase da Ártabra se faga pública.”

Por outro bando, dende o grupo matizan que, a pesar de que Cambre se beneficiará de esta vía para o seu crecemento e posibilitará o alivio do tránsito en zonas como O Graxal e O Temple, o núcleo Cambrés terá que esperar en verse liberado do tráfico pesado, xa que sería nunha seguinte fase da Vía Ártabra onde se incluiría a conexión coa A6.


Alternativa volveu a insistir no importante de seguir defendendo avances nas infraestructuras previstas para o municipio: “ tanto a Vía Ártabra como o vial 11-17, así como a eliminación dos peaxes que nos están a repercutir agora nos desprazamentos da veciñanza pola comarca.”

Comparte esta nova!