Unha morea de obras impulsadas pola Alternativa

Infraestrutura que mellorarán a calidade territorial do concello e a vida das persoas

Un novo impulso ás obras públicas está fraguándose no Concello promovido polo grupo da Alternativa dos Veciños. Algúns deles están xa aprobados no capítulo de investimentos de 2024 e outros están en fase de proxecto, polo que están recibindo os seus primeiros avances.

Os que figuran na axenda de 2024 son, entre outros, os seguintes:

— 2 tramos de beirarrúas en estrada de Ferrol

— Pavimentación camiño da Areosa

— Execución de redutores de velocidade en camiños veciñais

— Asfaltado de camiños en todas as parroquias

— Mellora acceso praza pública de Lubre

— Rehabilitación enerxética centros sociais de Santa Marta e Cangas

— Arranxo tellado antiga escola de Santa Marta

Os outros proxectos nos que están traballando tanto os servizos técnicos como os concelleiros da Alternativa son, por exemplo:

— Construcción de senda peonil que unirá a rotonda de Gandarío con Cangas e co Casal de Ouces.

— Construcción de senda peonil entre a rotonda da Longueira e San Cidre, con ramal ata o mosteiro de San Salvador.

— Construcción de local específico para uso do colectivo de cazadores de Bergondo.

— Saneamento en parte do núcleo de Fiobre que aínda carece deste servizo.

Comparte esta nova!