Unha moción para construír unha residencia para estudantes na Cross

A decisión dependerá da corporación do Concello de Culleredo no vindeiro pleno.

A presentación da moción realizouse para facilitar que os diferentes grupos que forman a corporación puideran estudala e facer unha valoración e análise máis axustada ao pensamento de cada un dos grupos de cara á sesión plenaria.

A financiación da construción destas vivendas para a mocidade entra nas posibilidades dos fondos autonómicos e estatais, en colaboración coa universidade.

O espazo dos edificios da Cross teñen a vantaxe de que non hai que urbanizar, o que axilizaría a obra. A localización sería ideal para facer realidade os anuncios da Xunta de Galicia da necesidade de crear este servizo para a mocidade debido a actual situación coa vivenda.

Comparte esta nova!