Gobernar sen desviarnos do espírito máis fiel á democracia participativa define o comportamento histórico e a esencia de Alternativa. Aínda que a cidadanía de Oleiros foi contundente na opinión expresada nas urnas cun 54% dos votos, o Goberno municipal decidiu facer unha enquisa para sondear con máis detalle o estado da opinión en relación ás distintas áreas da xestión.
Desde o vindeiro sábado 1 de febreiro estará aberta unha enquisa na que calquera veciño ou veciña de Oleiros poderá participar e que, sen dúbida, aportará interesantes resultados en relación á xestión, o tipo de programacións que se realizan, as instalacións municipais, a atención ao público e mesmo ao traballo político dos distintos grupos municipais -incluídos os que non queren que a cidadanía se poida expresar libremente mediante este mecanismo de participación-.