Un repaso aos futuros orzamentos de Cangas

Alternativa declárase libre de apoiar ou non unhas contas que aínda teñen moito que reformar

Os orzamentos son do Grupo de Goberno. Alternativa non vai poñer nin quitar proxectos xa que todos son necesarios e é función do Goberno municipal actual priorizar, polo que a nosa proposta vai ser abordar primeiro o pago real de todos os gastos fixos e por outra banda que se cumplan proxectos xerais que beneficien a todo o pobo de Cangas, pero ao igual que con respecto a outros acordos, Alternativa o único que quere é que se cumpla o prometido. 

Por todo isto, cando se negociou para aprobar os salarios dos concelleiros unha das condicións foi a modificación do ROM, pois os salarios se perciben e a modificación do ROM non se aprobou ainda en Pleno. O único que buscamos é que no presente e no futuro outros partidos non teñan que pasar polo que levamos pasando nós durante todo este ano, e a día de hoxe non se cumpliu. Polo iso queremos a modificación do ROM con acordo plenario previo. 

Desde Alternativa nunca vamos defender a privatización dos servizos de forma sistemática e sen xustificación para elo, moito menos cando a privatización supón un gasto moito máis elevado que a xestión directa que ademáis nos proporciona dar segundas posibilidades a persoas do noso pobo na súa búsquedade emprego. Por facer mención a un deses servizos, o socorrismo, nos anos anteriores contratáronse 18 persoas como socorristas que se implicaron na súa profesionalidade e donde o custo para o concelloascendeu a 139.080,49 €, postos imprescindibles para un concello como Cangas. Agora o novo Goberno pretende privatizar o servizo, deixando a 18 persoas sen posibilidade de contrato e por un importe moito máis elevado vaise entregar a unha empresa privada: 205.400 €.

Alternativa é consciente de que a piscina se ten que abonar ata o día que se teña a empresa pública, pero desde que se aprobou no Pleno ese tipo de xestión, nada se fixo, por elo a demanda de Alternativa é que a moción que se levou a pleno por Alternativa, sexa levada a pleno polo goberno coa aprobación do inicio do expediente e a designación nos orzamentos do capital social de dita empresa. Para demostrar que Alternativa está a traballar, presentará por rexistro un borrador de estatutos da Empresa pública, para comezar a traballar dunha vez, onde se indica que o seu capital social debería ascender a uns 300.000 € segundo os nosos cálculos, pero capital social que pode ser discutido ainda que o goberno pretende licitar pola mesma cuantía. 

Procúrase tamén a designación nominativa nos orzamentos para a adquisición da Capela de Santa Marta, Bosque Encantado e Vial EP.1002 Herbello a Madalena, de forma clara. Algo que xa se falou en diferentes Xuntas de Portavoces e en pleno pero que non consta no borrador de orzamentos que se nos traslada. E cambio de acordo plenario de como abonar o proxecto da EP1002, de forma inmediata. 

Resulta imprescindible para Cangas ter un Plan de Mobilidade aprobado en pleno para poder acceder a subvencións e ter claro cara a donde traballar na mobilidade do noso pobo. Xa no 2021 licitouseditocontrato con unha cuantía moi pequena e a empresa adxudicataria realizou as liñas xerais de eseplandemobilidade. Por todo elo solicitamos a aprobación plenaria do PMUS presentado para continuar conobrascomo a de Donón ou Viñó nas parroquias ou Vicenti, Cuba ou Estrela no centro Urbán. E unha cantidadenoorzamento para a súa ampliación tal e como se acordou nunha moción aprobada en Pleno, cantidadequenunca debería ser inferior a 45.000 € comparando as cuantías destinadas de concellos de igual emvergadura que Cangas. 

Tras a perda de subvencións para a rehabilitación das vivendas de Nazaret e a inexistencia de traballo para a recuperación do resto das vivendas e nin convocados para coñecer as liñas na que o Goberno Municipal quere traballar no Plan de Vivenda, temos claro que as Vivendas dos Mestres de Nazaret (6 vivendas, 4 nun bloque e 2 noutro) xa propiedade municipal non poden continuar na situación que se atopan xa que podrían producir un accidente a calquera viandante; por todo elo, solicitamos que os orzamentos contemplen o importe para rehabilitar as vivendas dos Mestres tal e como consta no proxecto que ten o Concello e que ascende a 372.639,31 € que corresponde ao bloque nº 3. Ademais de que conste de forma nominativa e entendendo que debe corresponder a partida de Servizos Sociais e non ao Pepri xa que nin por ubicación -Nazaret non forma parte do Pepri- nin pola finalidade xa que serán vivendas de aluguer social encaixan na partida de Pepri. 

Por aprobación plenaria acordouse a rescisión do contrato da UTE, nada se fixo ata o día de hoxe, polo que se ten que contemplar nos orzamentos de forma nominativa a contratación dunha empresa que realice os cálculos de desa rescisión e a auditoria de todas as obras realizadas pola mesma ao igual que o seguimento do resto do contrato ata a súa extinción. Como si pola tipoloxía de ambos traballos a contratación ten que ser por bloques xa que serían profesionais de diferentes ámbitos. 

Incremento na partida do SAF, nas horas de libre disposición, para que se asine un convenio coas asociacións do concello que traballan coas persoas enfermas de cancro para o apoio as persoas, na súa época do tratamento do cancro, para facerlles tarefas domésticas e coidado das crianzas. 

O orzamento debe contar con partida orzamentaria para a Aula Matinal das escolas que xa contan co comedor escolar, como medida de conciliación. E constar partida orzamentaria para o Programa Deportivo de forma nominativa e clara. O mesmo que a xeración das prazas de operarios de servizos múltiples tan necesarios para o mantemento e coidado das nosas escolas.

Non podemos entender que Medio Ambiente non teña ningunha consideración neste orzamentos, nin traballadores responsables, nin saneamento-abastecemento nin proxectos serios de conservación medioambiental. Por todo elo a petición de Alternativa e que xa se negociara co Comité do Concello era que conste unha praza de Técnico Responsable de Medio Ambiente, e evidentemente investimento para novas redes e as existentes. 

Solicitamos que os convenios que se asinan cos Clubes deportivos non sexan nominativos e se realicen bases reguladoras de subvencións aos clubes para ser máis xusto e real a distribución desas axudas e en función dos proxectos presentados. E dentro da orden da administración local serían máis legais e así non existirían reparos de intervención. 

Alternativa non pode pasar por alto que no borrador de orzamentos conste a cuantía de 315.000€ para as Festas do Cristo, cando os viais están con baches e os parques infantis sen poder ser arranxados. No Orzamento constan 225.000 € e no Plan Concellos Destinaron 90.000 €. Alternativa miraría xusto outra cuantía sempre tendo en conta que o orzamento do 2019 que é o de referencia contaba coa cuantíade150.000 para as festas. Entendemos que por IPC a cuantía a 2024 pode ser superior pero nunca sobrepasar os 200.000 €.

Tampouco vai aprobar un orzamento no que consta 200.000€ para desbroces e logo tamén se solicitará o Plan concello 147.000 € para o mesmo fin. Queremos coñecer a asignación real desa cuantía. Tampouco aceptaremos investimentos que non sexan nominativos, queremos que toda a veciñanza saber en que se van empregar os nosos impostos e ademais mostra o reparto igualitario entre parroquias. E que se expecifiquen as partidas de débedas pendentes do ano anterior que non consta ningunha en dito orzamento, o que xera un problema co periodo medio de pago. E por último o compromiso asinado de establecer reunións periódicas fixas para dialogar e consensuar asactuacións, orzamentos e proxectos que precisen dunha maioría plenaria e informar das actuacións e traballos previstos nas distintas concellarías en cada exercicio económico que resta ata o final domandato. Si este compromiso sigue a faltar como ata o día de hoxe, e sendo ésta a segunda vez que se incumple por parte do Goberno e o temos que advertir, Alternativa é libre de reformular os acordos e tomar outras decisións.

Comparte esta nova!