Seguimos a defender a urxente necesidade de retomar as obra da vía Ártabra

Cálculos electorais, intereses persoais e localismos absurdos non poden frear unha infraestrutura supramunicipal de máxima relevancia para a comarca.

Hai que vivir moi afastado da realidade cotiá desta comarca para opoñerse á vía Ártabra. Pero BNG, PSOE e UxC continúan intentando impedir que se constrúa a gran circunvalación coruñesa para servizo de todos os municipios.

Intereses persoais, como os dun concelleiro de UxC que non quere a vía Ártabra porque lle pasa pegada á súa casa, ou os cálculos electorais de BNG e PSOE que lles preocupa que o Goberno de Santiago se colgue unha medalla por facer esta obra non impiden que a Xunta aprobe o proxecto e contrate a obra. Trátase dunha infraestrutura supramunicipal prioritaria e urxente. Si realmente existe vontade por parte da Xunta xa vai sendo hora de demostralo.

Aliviar atascos na N-VI, na ponte Pasaxe, na Costa da Tapia, no Burgo,… pasa por dispoñer da vía Ártabra. Opoñerse á súa construción é insultar á cidadanía

Comparte esta nova!