Un paso adiante para as beirarrúas de A Xira
Alternativa celebra a celeridade que se lle deu ao proxecto nos últimos meses, facendo que a actuación se atope cada día máis preto.
O 31 de agosto abriuse o prazo de alegacións da actuación e foi dado o traslado do inicio de procedemento expropiatorio ao non ser postos a disposición polo Concello de Cambre.
Unha necesaria obra, bloqueada durante máis dun ano polos incumprimentos e a falta de acordo do Concello de Cambre coa Xunta de Galicia. Unha liorta que deixa ao goberno municipal como o principal freo da actuación por incumprimento, supostamente, da posta en disposición dos terreos necesarios.
Dende o grupo municipal Alternativa dos Veciños apoiamos á veciñanza na súa demanda e criticamos a xestión que fixo dende o Goberno Municipal. Eloxiamos que a día de hoxe as trabas estean a ser solucionadas e que estas beirarrúas parecen ser, por fin, unha realidade.