Un paso adiante na construción do novo depósito de auga

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Un paso adiante na construción do novo depósito de auga

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Os problemas no subministro de auga na comarca deron lugar a unha reunión entre Ángel García Seoane, Alcalde de Oleiros e Deputado Provincial con responsables de EMALCSA.

EMALCSA é a empresa que da subministro de auga a toda a comarca de A Coruña, polo tanto ten que facer as obras necesarias para dar o servizo adecuadamente, posto que o crecemento dos Concellos sen a renovación da maior parte das infraestruturas produce as deficiencias no abastecemento.

No Concello de Oleiros construíronse 9 depósitos, aínda así a situación afecta á veciñanza da zona de Nós e Iñás. Sendo os Concellos limítrofes os máis afectados pola situación.

Hai xa tres anos houbo unha reunión do Concello de Cambre e o Concello de Oleiros con EMALCSA, abordando a construción dun depósito no alto do Coroto, nunha parcela cedida polo Concello de Oleiros. Pero ata a data non se coñeceu máis información.

Na reunión mantida esta semana, EMALCSA amosou vontade pola súa parte para retomar o asunto cunha nova reunión cos Concellos afectados.

Alternativa dos Veciños destaca a urxencia desta reunión, posto que o servizo de auga non pode mellorar sen a acometida deste novo depósito.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!