O informe técnico constata que non hai patoloxías estructurales do propio edificio, e apunta como factor desencadenante o deficiente estado da beirarrúa, titularidade municipal.
O documento apunta como factor desencadenante das infiltracións as fisuracións na beirarrúa, afundimentos da mesma con pendentes cara a fachada do edificio e xuntas sin sellar.
A veciñanza deste edificio de Portádego leva anos sufrindo os problemas derivados desta situación, demandando responsabilidade ao Concello, sen avances por parte do mesmo.
Neste contexto, Alternativa demandará no pleno que o goberno municipal contraste o contido deste informe cos servizos técnicos municipais, co obxectivo de clarificar a responsabilidade e avanzar cara unha solución definitiva.