[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Un ano despois das eleccións municipais segue sen saberse nada do Plan Xeral de Arteixo
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Xa pasou o primeiro ano do terceiro mandato de Carlos Calvelo no concello de Arteixo e todo segue como o primeiro día. A improvisación e a demagoxia son os sinais de identidade dun equipo de goberno perdido e sen rumbo.
Estamos en maio do 2020 e en Arteixo aínda non se sabe nada do Plan Xeral de Ordenación Municipal. Carlos Calvelo, afirmou na campaña electoral das municipais do ano 2011, que se tiñan unha maioría para gobernar sos e en catro anos non era quen de aprobar un Plan Xeral, entón quería dicir que non podían gobernar en Arteixo. Pois ben, nove anos despois e con tres maiorías absolutas, o Plan Xeral segue no caixón e Calvelo continúa de alcalde. Se algo deixa claro, é que para el non existe o valor da palabra dada.
O alcalde demostrou durante estes anos que é unha simple marioneta duns cuantos empresarios ligados ao Partido Popular. Uns empresarios que son os que están a gobernar o municipio desde a sombra e que polos seus intereses particulares están a impedir que o municipio teña un PXOM para así poder crecer de maneira ordenada e sostible. Se se aprobase un Plan Xeral xa non poderían seguir especulando e comprando parcelas que non valen nada e que logo son recalificadas para que vallan millóns e así poidan facer negocio. Un auténtico escándalo ante o que todos calan.
Se o concello de Arteixo continua sen un Plan Xeral de Ordenación Municipal e con Carlos Calvelo de alcalde, o municipio alcanzará a catástrofe e a ruína máis pronto que tarde. Despois que non se diga que ninguén deu aviso.
Alternativa dos Veciños seguirá defendendo un marco legal que permita a cada persoa saber a cualificación da súa propiedade e onde pode e non pode construír, eliminando a incerteza e establecendo unha legalidade que sirva como referencia.
O Plan Xeral de Ordenación Urbanística é o motor de desenvolvemento dun concello. Un documento que fomenta a calidade de vida e permite un crecemento urbano sostible no que o medio ambiente prevaleza sobre o cemento.
En Alternativa entendemos que sen un Plan Xeral de Ordenación Municipal o futuro do concello verase truncado.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]