Un 25N para superar as actitudes machistas

Os avances feministas son aínda insuficientes para acadar unha sociedade xusta e igualitaria

A lacra do machismo tradúcese en asasinatos e moitas outras violencias normalizadas, lexitimadas e silenciadas, que son o abono sobre o que se sostén o patriarcado.

O importante avance feminista que logramos ao longo das últimas décadas é aínda insuficiente para acadar esa sociedade xusta e igualitaria á que aspiramos.

Para derrotar ao machismo a mellor arma é a educación e a concienciación do conxunto da cidadanía, especialmente da xuventude, así como a aplicación de políticas efectivas de atención e apoio ás mulleres vítimas da violencia.

Se ben é certo que os posicionamentos e comportamentos feministas deben ser permanentes, datas como as de hoxe facilitan que a sensibilización se estenda a un maior número de persoas, para completar o traballo diario en prol da igualdade.

Comparte esta nova!