Os tribunais danlle a razón ao Concello de Oleiros por impedir a construción dunha gasolineira en Bastiagueiro
O Xulgado do Contencioso Administrativo da Coruña volveu confirmar que non se pode construír unha gasolineira na avenida Ernesto Che Guevara, á altura das rúa dos Niños. O Concello de Oleiros denegoulle a licenza de construción e actividade a unha empresa amparándose no Plan xeral de ordenación municipal que clasifica esa parcela como solo rústico de protección de infraestruturas e que forma parte do Plan Especial de protección da praia de Bastiagueiro.
A sentenza fai prevalecer as teses do Concello dado e dado que o Plan Xeral é anterior á Lei do Solo 2/2016. Tamén se aclara que o Plan Xeral de Oleiros está adaptado á Lei do Solo 9/2002.
Desta maneira, a xustiza confirma unha vez máis que esta actuación do Concello é correcta. A instalación dunha gasolineira nese lugar da avenida Ernesto Che Guevara suporía a contaminación da praia de Bastiagueiro.