Tras anos de demandas, comezan as obras no parque da rúa Francisco Rodríguez

Alternativa valora positivamente o inicio das obras de renovación da área infantil situada na rúa Francisco Rodríguez, despois de multiples accións insistindo na necesidade de actuar neste espazo.

A actuación contará cun investimento de máis de 120.000 euros e terá un prazo máximo de execución de seis meses. Os traballos inclúen a renovación do caucho amortiguante, a substitución do peche perimetral, a instalación de novo mobiliario e a incorporación de novos xogos infantiles.

O grupo confirma que seguirá reclamando tamén a reparación das pistas polideportivas como o parque infantil do Barco dada a situación de deterioro que presentan actualmente tras anos sen os mantementos necesarios.

Raúl Varela, voceiro do grupo, sinala que “esta é unha boa nova para a veciñanza do Temple” engade tamén que dende Alternativa “seguiremos traballando na mesma liña de impulsar actuacións no resto das instalacións municipais.”

Comparte esta nova!