Tras 12 anos agardando, a Xunta por fin acondicionará o acceso ao Porto de Lorbé

porto-lorbe

Tras 12 anos agardando, a Xunta por fin acondicionará o acceso ao Porto de Lorbé

Mellorar por fin a operatividade do porto de Lorbé é o obxecto do último treito do acceso á zona portuaria desde a Vía Ártabra, que a Xunta vai executar tras 12 anos de presión de Alternativa dos Veciños para que se realice.

“Martillar, martillar e martillar, que é o que hai que facer para que ao final se executen as obras”, segundo o alcalde e presidente da Alternativa, Ángel García Seoane.

A obra consiste en mellorar un treito de 200 m entre o remate da nova vía que baixa desde a Ártabra e a súa confluencia coa antiga estrada da deputación, que se transformará nun acceso máis acaído para camións e os vehículos auxiliares das actividades portuarias.

Novas relacionadas