Impulsamos a creación dun servizo de transporte comarcal para as praias de Oleiros

[vc_row css=”.vc_custom_1525371413030{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Impulsamos a creación dun servizo de transporte comarcal para as praias de Oleiros

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371425129{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]O Goberno municipal de Alternativa dos Veciños proporá á Xunta de Galicia e ao Concello da Coruña, como administracións con competencias para o transporte público, así como aos concellos de Culleredo e Cambre a creación dun servizo de transporte público ás praias de Santa Cristina e Bastiagueiro durante a época estival, do 1 de xuño ao 15 de setembro. Deste xeito, ademais de ofrecer un importante servizo aos milleiros de cidadáns e cidadás da área metropolitana que acoden ás praias de Oleiros, melloraríase notablemente a mobilidade ao reducirse o número de vehículos privados e tamén se beneficiaría á economía das persoas usuarias das praias.

A proposta do Concello de Oleiros, que se intentará consensuar coa Xunta de Galicia, os concellos afectados e as compañías de transporte, consistiría por un lado en que os buses urbanos da Coruña, en vez de xirar na rotonda da ponte da Pasaxe, viñeran dar volta á glorieta de Santa Cristina.

No caso de Culleredo e Cambre estudaríase a creación dun servizo de transporte permanente ata as praias que pasaría polas zonas densamente poboadas da Barcala, O Temple, O Burgo, Acea da Ama, Vilaboa, A Corveira e Fonteculler, con horarios de mañá e tarde. O percorrido destes autobuses finalizaría na rotonda do INEF e contaría con parada en Santa Cristina.

Para impulsar a creación deste servizo público, o Concello de Oleiros intentará que no prazo máis breve de tempo posible se produza unha reunión entre a Xunta, os concellos e as empresas de transporte.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!