A pretensión de suplantar as competencias da alcaldía por vía plenaria que intenta o concelleiro tránsfuga da corporación de Carral Francisco Bello Hermida está chamada ao fracaso, pois non cumpre os requisitos formais para levalas a cabo.
Entre o mentado concelleiro e os grupos de PP e PSOE fixeron unha pinza para solicitar no Pleno a realización dunha serie de proxectos de obra, case todos de carácter deportivo e sen valoración económica, polo que non se poden promover ao carecer de financiación.
A proposta impulsada polo tránsfuga busca que o goberno municipal non poida aprobar as obras que desexan incluir no Plan Provincial da Deputación, co grave risco de perder uns 700.000 euros de fondos provinciais destinados a Carral, algo que, de producirse, terían que explicar á veciñanza.
En definitiva, o pleno extraordinario solicitado polo concelleiro tránsfuga de Alternativa non se celebrará ao non se axustar á normativa legal. Os concelleiros da opoisición poden presentar calquera tipo de iniciativa como un rogo nun pleno ordinario.