[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
A transformación do Consorcio en Mancomunidade é ilegal sen liquidar previamente o Consorcio
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
O presidente do Consorcio das Mariñas, sen contar con parte dos concellos aos que citaba, publicou un panfleto no que anunciaba a creación dunha Mancomunidade sen Oleiros por, supostamente, discrepar das súas actuacións. A xestión do señor Santiso no Consorcio presenta ilegalidades manifestas que pretenden ocultarse mediante estas cortinas de fume.
Alternativa dos Veciños non vai aceptar nunca as irregularidades que se produzan no Consorcio nin en ningún outro organismo público, nin tampouco renunciará nunca ao seu lexítimo dereito democrático de manifestar e denunciar todo ese tipo de situacións.
Todas as actuacións e denuncias de Oleiros están avaladas por informes técnicos, xurídicos e económicos, encamiñados a que a disolución do Consorcio estea axustada á lei. A normativa é moi clara: non é posible transformar un consorcio en mancomunidade sen antes liquidar o consorcio, resolvendo a situación do persoal (liquidación ou subrogación), a situación económica (activos e pasivos) e regularizando o contrato da empresa que recolle o lixo en toda a comarca.
Alternativa dos Veciños non pode mirar cara outro lado ante esta actuación xa que ademais de incumprir a lexislación suporía a creación dun órgano cunhas cargas leoninas e cuns vicios ocultos que provocarían o seu mal funcionamento, en grave prexuízo dos cidadáns da comarca da Coruña. Un informe técnico emitido pola Deputación da Coruña referenda esta posición xa que advirte ao presidente do Consorcio das Mariñas da necesidade de que a transformación en Mancomunidade do Consorcio só é posible mediante un rigoroso análise previo da situación.
O señor Santiso está acostumado a facer e desfacer o que lle dá a gana no seu municipio. Ata se permite o luxo de buscarlle a algúns partidos da oposición os seus candidatos, pero a democracia non é iso.
Se hai un concello na comarca da Coruña que aposta por mancomunar esforzos para conseguir servizos públicos máis económicos e de máis calidade para os cidadáns ese é Oleiros. Así demostrouse ao longo dos anos, liderando tanto a creación da mancomunidade dos 80 como o actual Consorcio.
A creación dunha Mancomunidade é necesaria, pero sen caprichos nin ilegalidades.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]