Todos os grupos en contra da creación dun ente de cooperación para recuperar o funcionamento institucional de Cambre

O voceiro do grupo, Raúl Varela, presentou no pleno unha moción para a creación dun ente extraordinario no que estarían representados todos os grupos da corporación, así como a secretaria e a interventora.

Unión por Cambre, PSOE, PP e BNG votaron en contra da proposta que pretendía crear unha mesa de traballo centrada en buscar de xeito común o desbloqueo do Concello de Cambre. O argumento xeral centrouse en que os órganos colexiados xa cumpren esa misión.

Alternativa considera que, aínda que efectivamente os órganos xa existentes deberían cumprir ese obxectivo, a realidade é que en Cambre non está a suceder. Dada a crítica situación que deixou o goberno de Unión por Cambre.

A proposta foi levada despoís de ter intentado en diferentes ocasións a cooperación entre grupos, incluso propoñendo que todos formasen parte de Xunta de Goberno. Pero os grupos municipales de Cambre pretenden seguir remando cara os seús intereses e non priorizar a búsqueda da estabilidade da institución.

Comparte esta nova!