Titulares fake coas mentiras do PP

O PP sigue usando a mentira para desgastar á Alternativa, pero a maioría da xente diferencia ben as tubería de residuais que van á depuradora dunha rede de pluviais, que acaba na ría

Os do PP ben saben diferenciar entre unha canle de auga de choiva e unha tubería de residuais, pero o que queren é enmerdar, non informar. O PP sabe ben que no Paraiso non desembocan tuberías de auga suxa, senón evacuadoras da auga natural que cae do ceo e se canaliza para que non destroce os parques nen perturbe a seguridade viaria. Sábeno de sobra, pero minten.

Iso foi o que fixeron realmente días pasados, difundir un fake a través da prensa local, que convertiu en noticia de relumbrón unha falsa testemuña destes noxentos difamadores profesionais que levan décadas escornándose nas urnas e mentindo á xente “denunciando” un presunto abandono das redes de esgotos apoiados en mentiras.

O clásico era o río lamacengo de Santa Cruz, que pola súa natureza ten o leito de lama e as súas augas non son transparentes como cando os fondos dos ríos son de pedras ou areas. Alí a natureza fixo un río que arrastra terra e vai ao mar cun aspecto turbo, menos nítido ca outros. E ante iso, erre que erre que o río baixa contaminado. Algunha persoa desinformada ata creerá o conto, pero a maioría da xente sabe que é mentira.

Agora deulles polos tubos que deitan á ría as augas da choiva. Seica houbera por Montrove un desmonte que tinguiu a auga dunha cor parda e aló foi a “noticia”: que manchamos a ría recén recuperada, que a rede ten fisuras e quen sabe cantas fantasías máis. E hai medios informativos que, presionados polo poder, usan eses fogos artificiais para conseguir titulares deses que se impoñen á realidade.

Nas escolas de xornalismo, os vellos mestres ensinaban iso de “que a realidade non che estropee un bo titular”. Hoxe, como hai anos, segue a ser necesario lembralo. Os que financian os xornais téñeno moi claro e exercen o seu poder para botar lixo sobre a xestión ambiental da Alternativa.

Pero a maioría da xente de Oleiros ben sabe diferenciar entre unha noticia e un fake. Como tamén saben diferernciar entre unha tubería de pluviais, que van ás depuradoras, e outra de pluviais, que acaban na ría.

Comparte esta nova!